Espallando saberes polo Mundo

PDI

MAGOSTO- XOGOS POPULARES DO MUNDO

 O pasado xoves, 7 de novembro celebramos o magosto no colexio. Comezamos a mañá con xogos populares do mundo; para levar adiante a actividade, contamos coa marabillosa axuda do alumnado de sexto. Mentres os nenos e as nenas do cole xogaban a encestar castañas no tragalandras ou a saltar de aro en aro en "Gústanche os veciños"; o castañeiro estaba asando as castañas que logo máis tarde puideron comer a rapazada do cole. Velaquí tedes un vídeo para que vexades como se desenvolveu a xornada.

MAGOSTO 2024

Mañá xoves 7 de novembro, celebraremos o magosto no colexio. Comezaremos con xogos do mundo, en relación ao proxecto de centro deste curso. Continuaremos a xornada coa desgustación de ricas castañas asadas; actividade na que colabora o centro e a ANPA COBAS. 

 
 
 
 

CONTOS DE OUTONO

 O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, prepararon contos de medo e de outono, para lerlles aos nenos e nenas dos demáis cursos do cole. Todos e todas gozaron moito das lecturas, ademáis das interpretacións tan divertidas que fixeron. 

DÍA DAS ESCRITORAS

Dende 2016, celébrase o Día das Escritoras co fin de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. No colexio dos Tilos parécenos importante sinalar este día, por iso cada aula indagou sobre a vida e obra dalgunha escritora e gravaron un podcast en Tilandra nas ondas. Esperamos que vos guste!

OS CONTOS DE LOBICÁN

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria, asistiu á actividade programada para os escolares polo Concello de Teo "Os contos de Lubicán"

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo da celebración do Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), damos apertura a nosa Biblioteca. O alumnado colaborador  de 6º de E.P.,encargouse de dar a benvida a Biblioteca ao resto dos compañeiros e compañeiras léndolles a todos os cursos, (segundo un horario establecido), a carta que nos enviou a nosa mascota Tilandra “Tilandra davos a benvida”. Ao mesmo tempo, tamén comunicaron ao resto do alumnado as normas de funcionamento para cando fagan uso deste espazo.

PROXECTO DE CENTRO: ESPALLANDO SABERES POLO MUNDO

Ao longo deste curso 2024-2025, desenvolveremos no centro o Proxecto Documental Integrado: "Espallando Saberes polo mundo"

 

Powered by Drupal - Design by artinet