PDI: Espallando saberes
Podcast Luisa Villalta
LETRAS GALEGAS 2024
Co motivo das Letras Galegas, entre outras moitas actividades, estívose traballando a música tradicional galega en educación musical. Preparáronse uns bailes que son o resultado da fusión entre o baile tradicional e o actual. Algún alumnado voluntario de sexto de ed. primaria, interpretou ademais, O Cantar do Liño, unha cantiga tradicional que se utilizaba antigamente nas tarefas de mazar o liño.
Bailes:
-Muiñeira de Picota de Xavier Díaz.
-Aire de Tanxugueiras.
-Troupele de Mondra.
VISITA DE MONDRA
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, realizamos distintas actividades no centro.
OBRADOIRO CON CHARO PITA
O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, desfrutou o mércores 15 de maio dun obradoiro de expresión oral impartido por Charo Pita.
Moitas grazas Charo Pita por acompañar e ensinar aos nenos e as nenas dos colexio dos Tilos, esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións en RadioTilandra.
CONFERENCIA EDUCACIÓN S-XXI-
O alumnado de 5º e 6º do centro, participou nun encontro online co prestixioso psicólogo clínico Rafael Santandreu. A charla promoveuna A Fundación A banca co título:" El arte de no amargarse la vida". Nela Santandreu explicoulles a importancia de adestrar o cerebro para que pase de situacións de nerviosismo á tranquilidade; do medo á despreocupación e da timidez á extraversión. Unha temática moi interesante e amena.
SEMANA DO LIBRO
O 23 de abril é unha data importante no calendario escolar. Este curso, celebramos O Día do Libro con distintas actividades ao longo da semana:
-Ilustración de portadas: cada neno ou nena do cole, debuxou a portada do seu libro favorito.
-Librotendal: coas portadas elaboramos a montaxe dunha varanda para decorar a carballeira do centro.
-Mercadillo: expurgo na biblioteca, para o troco de libros por portada ou reseña.
-Booktubers: gravacións en vídeo de recomendacións lectoras
-Apadriñamento e amadriñamento de lectores: o alumando de 6º, 5º, 4º, e 3º de ed. primaria compartiron lectura cos máis pequerechos do colexio.
Preme na imaxe e verás o acontecido.
VISITA Á CASA DE ROSALÍA
Ao longo do curso, o alumnado do colexio visita a Casa de Rosalía de Castro. É a quenda de terceiro e cuarto de educación primaria. Esta actividade realízase en colaboración co Concello de Teo.
VISITA DE PERE TOBARUELA- FORMIGAS. MISIÓN ENTROIDO
O autor de "Formigas. Misión Entroido" visitou o colexio e compartiu cos nenos e as nenas de cuarto de Ed. Primaria, un tempo, para a análise do libro lido. Pere Tobaruela contoulles datos importantes da súa obra e contestou ás preguntas que o alumnado lle fixo.
Día do cómic
Para conmemorar o Día do Cómic, o alumnado de cuarto e quinto traballou a banda deseñada, probando con distintas técnicas e estilos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »