PDI: EmocionArte con Tilandra

Frida Kahlo e Vicent Van Gogh

Na vindeira semana comezamos no colexio a celebración do Entroido. Este curso Os Mandatos de Tilandra xiran arredor de dous magníficos pintores. En primeiro lugar queremos que os coñezades. E para iso elaboramos uns vídeos coa participación do alumnado de sexto.

Día escolar da Non Violencia e da Paz 2021

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non Violencia e a Paz" baixo o lema "RespectArte, ValorArte e EmocionArte con Tilandra", relacionado co PDI que se desenvolve no centro ao longo deste curso.    

Con tal motivo, lembramos a necesidade de educar para a tolerancia a solidariedade e o respecto aos demais.

Actividades:

NADAL 2020

Estas son as postais que gañaron o Concurso do colexio. Cada ano eran as encargadas de felicitarvos o Nadal. Este curso queremos desexarvos unhas Felices Festas e un Bo Nadal en formato dixital. Que o ano novo veña cargadiño de bos desexos!

 

FELICES FESTAS!

 

Educación Primaria 2ºA

 

Educación Infantil 5ºB

Emocións e Arte polo Nadal

 Este Nadal é diferente a calquera outro, pero aínda así, dende o colexio tratamos de dar a maior normalidade posible a esta situación polo benestar do noso alumnado e, en xeral, de toda a Comunidade Educativa.

 Os distintos equipos de dinamización en colaboración co resto do profesorado deseñaron e desenvolveron unha serie de actividades para a celebración do Nadal.

 As actividades foron deseñadas en consonancia co Proxecto EmocionArte con Tilandra. Desenvolvéronse ao longo da segunda quincena do mes de novembro e decembro:

   -Ambientación con elementos decorativos propios do Nadal aportados polo alumnado.

   -Arte relacionada coas emocións e co Nadal.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ademáis de desexarvos unhas Felices Festas, deixamos unha guía de lectura que elaboramos no centro. Esperamos que atopedes nela o mellor agasallo do Nadal. Non esquezades que un libro é un bo amigo. Bo Nadal!

 

EmocionArte con Tilandra

Ao longo do curso 2020-2021,no colexio estamos desenvolvendo o proxecto “EmocionArte con Tilandra”.

A elección desta temática baséase na Educación Emocional como un proceso educativo continuo que lles axudará aos alumnos-as a desenvolver a súa personalidade e a súa intelixencia en distintas situacións da vida.

Actividades desenvolvidas co PDI: "EmocionArte con Tilandra"

 O Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e outros equipos do centro, ao longo deste curso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co PDI: "EmocionArte con Tilandra". Todo o alumnado e todo o profesorado, e, en xeral, toda a Comunidade Educactiva, participaron no desenvolvemento das actividades propostas.

Aquí un resumo feito polo noso alumnado:

 

Semana das LETRAS GALEGAS (10-14 de maio de 2021)

O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias.

Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.

 

Concurso:" Postais de Nadal"

Un curso máis o alumnado do centro participou no Concurso de Postais. Os nenos e nenas do colexio desexan que cheguen estas datas tan emotivas. Desfrutan das actividades do Nadal e nos seus debuxos transmiten ilusión e felicidade a pesares da situación que vivimos este ano. Estas son as postais seleccionadas por clase. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet