PDI: Tilandra pensa en verde

A PATRULLA VERDE

Como parte fundamental do proxecto de centro deste curso, contamos coa acción da Patrulla Verde.Son os encargados de revisar que o patio do colexio se manteña limpo. Forman parte dela os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Levan un chaleco que os identifica e unha axenda onde apuntan que materiais de refugallo atopan cada día.

 

 

 

 

 

 

NADAL 2019

Xa chegou o Nadal  e os novos adornos para o centro.

 

 

 

ÁRBORE DE NADAL

 

 Este ano a árbore de Nadal estivo cargadiño de adornos que as familias enviaron. Para a elaboración empregaron material reciclado. O resultado foi extraordinario. Grazas ás familias do colexio pola vosa colaboración.

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Grazas a colaboración da ANPA Cobas este ano poidemos coñecer algo de programación e de robótica. Fixemos distintos talleres:

  • Taller de robótica con Bee-Bot e robot Edinso para o alumnado de EI.
  • Taller de robótica con robot Edinson para o alumnado de 1º e 2º de EP.
  • Taller de programación con Mocrobit para o alumnado de 3º e 4º de EP.
  • Taller de programación con Scratch para o alumnado de 5º e 6º de EP

SAMAÍN -MAGOSTO 2019

O mércores 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no colexio. Como vén sendo habitual tivemos unha  Exposición de cabazas coa premisa de que para a súa elaboración as familias empregasen materiales reciclados. Os nenos e nenas do colexio desfrutaron do día comendo castañas asadas e celebrando o Samaín.O alumnado que o desexou puido asistir caracterizado. O lema elixido pretendeu concienciar da importancia da redución dos residuos que tanto contaminan o noso planeta.

 

 

 

 

 

24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. As bibliotecas acostuman celebrar este día e no noso colexio este ano preparamos un buzón de suxerencias acerca do contido das mochilas viaxeiras. Para nós é importante contar coa opinión do alumnado para que poidan desfrutar do material que conteñen as mochilas. Asi que ao longo da semana estivo o buzón na entrada da biblioteca para que poideran aportar as súas inquedanzas. A única premisa era que tiveran en conta o PDI: Tilandra pensa en verde.

 

CONTOS DE MEDO

O alumnado de quinto e sexto prepararon uns contos de medo para lerlles aos máis pequenos do cole. Disfrazáronse e representaron as súas historias  preferidas. Algunhas creadas por eles, outras adaptadas dos contos clásicos. Unha actividade moi enriquecedora para todos e todas. O entusiamo trasladárono ao traballo realizado. Noraboa aos participantes!

 

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE TÍTERES

En relación co PDI: Tilandra pensa en verde, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria asistiron a un obradoiro de títeres con material reciclado: teas, la, cartón... Deixámosvos unha pequena mostra.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet