VISITA DE MONDRA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, realizamos distintas actividades no centro.

Unha delas foi a visita dun cantante que comeza a despuntar na nosa terra. Martín Mondragón, coñecido musicalmente como Mondra. É un artista teense, que o pasado mércores recibiu o premio Martín Códax na categoría Electrónica. Nova estrela do trad, un xénero que se inspira na música tradicional galega e a converte nun son actual. Os nenos e as nenas de quinto e sexto de primaria, prepararon coa mestra de educación musical unha danza para as Letras Galegas: "Tempo de troupelear"; peza de música tradicional que cantaban os nenos e as mulleres no momento de mazar o liño. Mondra ten unha versión desta xota e o alumnado quixo compartir con él o seu baile, ao carón da súa voz acompañado da pandeireta. Asemade coñeceron a súa traxectoria e distintas curiosidades do mundo da música actual. Un encontro moi interesante para que o alumnado, entenda a importancia de visibilizar a nosa música e a nosa cultura.

 
 
 
 
 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet