Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
MANDATOS DE TILANDRA |
Un Entroido máis, Tilandra quere que os nenos e nenas do colexio dos Tilos vos divirtades e que a vosa imaxinación voe moi lonxe. Concretamente ata México e Holanda, que son países orixinarios dos protagonistas dos Mandatos. Se precisades máis información, ollade os vídeos da anterior entrada da web. Non esquezades que:"- Para poder ao cole volver a Tilandra teredes que obedecer". Fixádevos ben para cumprir os seus mandatos. Lembrade que estamos a traballar o PDI "EmocionArte con Tilandra". Seleccionade un dos pintores e cada día da semana engadiredes un complemento máis. O venres viredes caracterizados do pintor ou pintora elixidos. |
LUIS SEOANE |
O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes. Luis Seoane é o pintor homenaxeado no ano 2019. O alumnado de 2º E.P. estudou e traballou o cadro "As mariscadoras". Velaquí o resultado.
|
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA NA HORA DO RECREO |
Hoxe na hora do recreo o alumnado de 5° improvisou un contacontos para o alumnado de 1°. Esta actividade xurdiu de forma espontánea e demostra as boas relacións e o bo clima que se respira na hora do recreo na nosa biblioteca. Deste xeito non só traballaron a expresión oral e a lectura senon que ademáis fomentan o uso da lingua galega. E como non hai maior exemplo que unha boa imaxe,....
|
Obradoiro: Instrumentos musicais galegos |
O día 15 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de instrumentos musicais galegos. Neste obradoiro o alumnado aprendeu a diferenciar entre instrumentos tradicionais e populares asi como o ritmo de distintas danzas galegas. |
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía |
Candela, Luna, Martina e Sofía, alumnas de 2º A, amósannos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" no Concello de Teo. Parabéns polo voso traballo!!!
|
Visita de Xosé Antonio Perozo |
O día 18 de maio o autor Xosé Antonio Perozo visitou ao alumnado de cinco anos para contarlles e falarlles do seu libro:"Unha mensaxe para Sara" que narra a primeira aventura entre o cabalo Branco de cores e a súa amiga Sara. Xuntos percorren a cidade de Santiago na procura dunha mensaxe que deixou a avoa de Sara. Tamén nos agasallou con dous libros sobre Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
|
PRIMAVERA DAS LETRAS |
A Real Academia Galega enviounnos un diploma recoñecendo o noso traballo sobre María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. Amosámosvos o diploma que acadamos co traballo feito entre todos.
|
CORAZÓNS SAUDABLES DE 4 ANOS |
Comezamos o curso 2018-2019 cun novo PDI “Tilandra medra sa”. Os alumnado de catro anos adentrámonos no mundo da alimentación e hábitos saudables. Para abrir boca fixemos unha saída a Casa do Patrón, onde experimentamos o proceso de elaboración do pan de millo. Grazas as charlas da AECC e o obradoiro”Comer san é divertido”, aprendemos a comer de maneira saudable. No Entroido disfrazámonos de “Corazóns saudables”. Xa na primavera visitamos un supermercado para aprender as distintas seccións do mesmo. Co gallo do Día do Libro o contacontos Iago López presentounos a súa obra "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Realizamos un semáforo dos alimentos e aprendemos a distinguilos segundo a súa orixe. E por último non nos podíamos esquecer da reciclaxe. Todas estas actividades plasmámolas nunha pequena exposición que os papás e as mamás terán ocasión de visitar.
|
CONTACONTOS IAGO LÓPEZ |
Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño. Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.
|
ENTROIDO 2020 |
O 21 de febreiro celebramos o entroido. Comezamos cun desfile polas rúas dos arredores do centro. Tivemos en conta para a elaboración dos disfraces a temática deste curso "Tilandra pensa en verde". Rematamos a celebración no patio do colexio, onde o alumnado gozou dun tempo de lecer con xogos, bailes e risas.
|
Letras Galegas: o escritor Xosé Antonio Perozo descúbrenos a figura de Mª Victoria Moreno |
Seguindo coas actividades dedicadas á autora Mª Victoria Moreno o día 25 de maio o alumnado de 6º de Primaria recibiu a visita do xornalista e escritor Xosé Antonio Perozo. Xosé A. Perozo foi amigo da autora homenaxeada polo que a través das súas palabras e lembranzas poidemos descubrir moitas cousas sobre a vida desta autora.
|
Enquisa para as familias 2018/2019 |
Contamos con vós para mellorar!! Dade a vosa opinión sobre o traballo relacionado coa Biblioteca Escolar. Teremos as vosas suxestións en conta!!
Tedes ata o 5 de xuño para responder. Moitas grazas pola vosa colaboración. |
A MATERIA EN ESTADO PURO |
A escola constitúe un dos principais escenarios educativos para desenvolver actividades saudables dado que se traballa con alumnos/as que se atopan en período de formación física,psíquica e social que posúen una gran capacidade para a aprendizaxe e asimilación de hábitos. Traballar a educación para a saúde é de vital importancia dende a infancia, por esta razón ao longo deste curso en todos os niveis educativos , (a través das actividades propostas dende a biblioteca e os distintos equipos), fomentouse o desenvolvemento saudable de todo o corpo , poñendo especial atención nos órganos imprescindibles para a actividade física (corazón, pulmóns, músculos e ósos que fan que o organismo realice a súa actividade de maneira satisfactoria). Por outra banda, tamén lles ensinamos (coa axuda das familias) a saber realizar hábitos alimenticios saudables, consumo de froitas e verduras, orixe dos alimentos, beneficios da actividade física e tomar conciencia do valor dos alimentos como recurso esencial e indispensable para a vida. Cabe destacar a participación na actividade de merendas saudables ao longo do curso. Traballamos de xeito globalizado coas distintas áreas do nivel, de ahí o coidado do medio medioambiente dado que é de vital importancia para a saúde: o estudo das abellas co “rico mel de Tilandra”.A modo de resumo, acadáronse os obxectivos propostos e as actividades resultaron motivadoras para o alumnado. Na exposición dos traballos do alumnos-as, pódese ver unha pequeña escolma das actividades desenvolvidas ao longo do curso.
|
Instruccións para a utilización de Cisco Webex | |
O FILLO DO REI |
Para rematar o ano adicado a Antonio Fraguas, ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de educación primaria leron e traballaron "O fillo do rei e outros contos populares" da Editorial Galaxia. É un libro de contos populares recollidos e creados polo pobo que chegaron ata nós transmitidos de xeración en xeración. O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019 recopilou e coidou este patrimonio inmaterial galego. Como finalización do estudo asistiron ao Auditorio Constante Liste da Ramallosa onde Xoán Curiel e Charo Pita agasalláronnos cun teatro musical misturado coa narración oral.
|
EXPERIMENTOS |
Ao alumnado de 4º quedoulle bo "sabor de boca" da semana dos experimentos que tivemos no mes de novembro polo que decidiron afondar no tema dos experimentos con fluídos (aire e auga). Concretamente, o alumnado de 4ºB estivo realizando unhas sesións de experimentos científicos, onde tiñan que realizar e explicar en que consistía cada un. Foi un traballo realizado en grupos de 4 ou 5 alumnos e que resultou moi enriquecedor. Deixo aquí o enlace ás presentacións dos traballos dos alumnos, espero que resulten interesantes...
https://edu.glogster.com/glog/experimento-con-maicena-e-auga/38twc3db9ao https://edu.glogster.com/glog/como-inchar-un-globo-sen-soplar/35jwurspti4 https://edu.glogster.com/glog/experimentos-con-aire-e-con-auga/30leal2mirg https://edu.glogster.com/glog/experimento-coa-auga/38xu6q28o2c |
A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR Á HUMANIDADE |
A TECNOLOXÍA E A NOSA RELACIÓN COS ALIMENTOS...FIXERON PROGRESAR A HUMANIDADE PRIMEIROS ACHADOS, NOVOS ACHADOS, NOVOS TEMPOS, MÉTODOS MODERNOS Con respecto ao Proxecto da Biblioteca, realizamos as seguintes actividades: - Elaboración da pirámide dos alimentos. - Mural: Tilandra merenda sa. - Traballo con textos:
- O significado do código de barras. - Traballo coa prensa. Búsqueda de novas relacionadas coa alimentación e a saúde. - Traballo de investigación. A tecnoloxía na alimentación fai progresar á humanidade (dende 30.000 a.C. ata os nosos días).
|
EXPOSICIÓN "TILANDRA MEDRA SA" |
O martes 4 de xuño celebramos a xornada de portas abertas da Exposición "Tilandra medra sa". Na entrada acharedes un mural con códigos QR onde veredes os traballos realizados ao longo do curso. |
OBRADOIRO DE COCIÑA |
O alumnado de segundo curso de Ed. Primaria participou nun taller de cociña e a verdade non se lles deu nada mal. Fixeron a torta da avoa contando coa colaboración de Verónica Pérez a nai de Luca. Xa sabemos que non podemos tomala todos os días pero para festexar o fin do primeiro trimestre é unha boa idea. Como podedes ver nas fotos os nenos e nenas desfrutaron moito ese día.
|
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. "A TERRA EN FEMININO" |
O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil saíron as rúas de Nova York co lema "Pan e rosas". Unha protesta polas míseras condicións laborais, a reivindicación de xornadas de traballo xustas e o fin da explotación infantil. Dende o centro quixemos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da Muller e por iso elaboramos un cartel e un libro:" Mulleres polo medio ambiente". Este curso realzamos ás mulleres que loitan por preservar a terra, mulleres que son valentes, sabias, tolerantes emotivas... Para o libro "Mulleres polo medio ambiente", contamos coa colaboración das familias. MOITAS GRAZAS!
|
OBRADOIRO DE REGUEIFAS |
O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras: Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños. Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego. Grazas polo voso traballo !
|
Enquisa profesorado 2018/2019 |
Cubre a enquisa e axúdanos a mellorar!! A vosa opinión é moi importante para nós.
Tedes ata o 5 de xuño para responder. Moitas grazas pola vosa colaboración. |
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS. |
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E
EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.
FIXÁMONOS NAS COUSAS BOAS QUE FAN OS NOSOS COMPAÑEIROS...
... PORQUE NOS SENTIMOS BEN CANDO FACEMOS SENTIR BEN AOS DEMAIS.
Para medrar sans e cuns dentes sanos e fortes temos que vixiar o que comemos evitando comer alimentos ricos en azucres, e comer máis froitas e verduras.
Fixemos traballos con lentellas e co millo e aprendemos algunha cousiña deles.
E moi importante empezar ben a mañá tomando un almorzo saudable…
… e despois de almorzar lembrarse de lavar ben os dentes.
|
A PATACA 3ºB |
Este curso traballamos :A PATACA . Buscamos a información adecuada a idade dos nenos, a súa historia: un tubérculo que proven de América do Sur (Perú e Bolivia), e cando chega a Galicia convértese nun alimento que substitúe a castaña que era o produtobase da alimentación. Tamén atopamos cancións populares, adiviñas e xogos sobre o tema. Fixemos arte con estampacións de selos de patacas bonecos e receitas de cociña. Aprendemos os seus beneficios e as súas propiedades
|
IAGO LÓPEZ VISITA O COLEXIO |
Os nenos e nenas de educación infantil tiveron a visita do autor Iago López, que presentou o seu novo traballo:"Contos para levar no peto". Unha sesión de contacontos que os máis pequechos desfrutaron moito.
|