Decembro 2019
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE TÍTERES
En relación co PDI: Tilandra pensa en verde, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria asistiron a un obradoiro de títeres con material reciclado: teas, la, cartón... Deixámosvos unha pequena mostra.
GALICREQUES 2019
Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil asistiron á representación da obra de monicreques "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
OBRADOIRO SOBRE A INDUSTRIA FORESTAL
Ao longo deste curso pretenderemos afondar no coidado da nosa contorna como parte principal do PDI: Tilandra pensa en verde. Sinalar a importancia de coñecer e apreciar a natureza da nosa terra. E para comezar có proxecto deste curso que mellor cá un obradoiro onde nos expliquen a importancia dos noso bosques.Así é que o alumnado de quinto de Ed. Primera participou nun obradoiro impartido por ASEFOGA, Axencia Galega da Industria Forestal que en colaboración ca Asociación de Desenvolvemento Rural puxo en marcha o proxecto "Divulgación da industria forestal en centros educativos de primaria". Mediante este obradoiro o que se pretendeu foi levar ás aulas a importancia e as vantaxes da industria forestal. Para iso abordaron catro temáticas relacionadas co medio ambiente:
-A madeira na construción.
-A xestión forestal sostible.
-Vantaxes ambientais do uso da madeira.
-A biomasa como produción de enerxía
Exposición itinerante - Onde foi barriga verde?
O nome de Barriga Verde resoa na memoria de moitas persoas e para que non corra o risco do esquecemento apareceron distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación do patrimonio titiriteiro galego. Unha destas iniciativas é a Exposición itinerante -Onde foi Barriga Verde?, que visitou o noso colexio.