Skip to Content

actividades

ACOLLIDA VIRTUAL PARA O ALUMNADO DE INFANTIL. CURSO 2022-2023

Todos os anos, no mes de xuño, convidamos ás familias do alumnado que se incorporará a Infantil a que acompañen aos seus fillos e fillas para pasar con eles un ratiño na escola. Deste xeito os futuros alumnos xa entran en contacto cos seus compañeiros e compañeiras coñecendo a aula que compartirán e pasando todos xuntos o tempo de lecer do recreo.

 

 

Como este ano aínda non foi posible organizar esa acollida presencial, a mestra de PT, Mari Rey, elaborou un vídeo co alumnado de 4º/5º EI para dar a benvida virtual a eses pequenos e pequenas que proximamente estarán con nós. Agardamos que sexa do agrado de todos. 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 22-23

Estimadas familias:

 

Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2022-2023. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 21-22 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio 2020.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexo I) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Preferiblemente escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

15.40 a 16.10

10.55 a 11.50

10.05 a 10.55

10.05 a 10.55

 

XUÑO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

13.40 a 14.30

10.20 a 11.10

9.35 a 10.20

9.35 a 10.20

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2020 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 22 de xuño de 2022.


O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a

adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Ante a nova situación da non obrigatoriedade do uso das máscaras, a Consellería de Sanidade publicou unhas directrices sobre o uso das mesmas no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia. Pódese acceder ás mesmas no seguinte enlace:

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

AULA EXTERIOR

Desde hai unhas semanas xa temos instaladas no patio exterior tres mesas de traballo cos seus correspondentes bancos. 

No curso pasado a situación da pandemia obrigounos a cambiar de hábitos aproveitando mellor os espazos exteriores dos que dispón o centro como lugares de aprendizaxe.

 Á vista dos bos resultados obtidos da utilización deste recurso, estamos traballando no acondicionamento do patio para delimitar zonas de asamblea, aula ó aire libre e espazos de lecer con xogos colaborativos.

DANDO A CHAPA NO 8M

Na semana do 8 de marzo (día internacional da muller), levamos a cabo unha actividade ofertada polo Concello: “Dando a chapa no 8M”. 

Foi destinada ao alumnado de 5º e 6º EP, que participou nun obradoiro de elaboración de chapas coa monitora Mari, logo de facer unha reflexión sobre a igualdade nun interesante debate que xurdiu a raíz dunha presentación que Mari traía preparada.

ADMISIÓN CURSO 22-23

Informamos que desde o día 1 ata o 21 de marzo, está aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2022-2023. 

 

A solicitude de admisión deberá presentarse no centro docente indicado como primeira opción, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

Poderán descargar a solicitude desde esta mesma web premendo enriba do enlace que aparece no bloque da dereita (Admisión curso 2022-2023) ou tamén poden recollela na secretaría do centro nos seguintes horarios:

-Luns: de 15.40 a 16.30 h.

-Martes: de 10.55 a 11.50 h.

-Mércores e xoves: de 10.05 a 10.55 h.

RUTAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

Comunícase a todas as familias do alumnado usuario do transporte escolar que tras información recibida o luns 10 de xaneiro, mantéñense as mesmas rutas de transporte que no 1º trimestre. 

No caso de que houbera algún cambio informaríase a través de abalarmóbil e desta páxina web.

VISITA DE PAPÁ NOEL

O martes 21, último día de clase antes do comezo das vacacións de Nadal, Papá Noel visitou o noso centro por xentileza do concello de Muxía.

 

Como vivimos unha época de restricións por mor da covid, mantivemos as medidas de seguridade, así que Papá Noel, coa súa máscara, entrou en cada unha das aulas para falarnos coas súas sabias palabras. Preguntoulle ó profesorado polo comportamento do alumnado e respondeu a moitas preguntas que con curiosidade fixeron os nenos e nenas. Así soubemos onde deixara os seus renos comendo, como lle chaman cariñosamente os seus elfos, quen lle coida a súa barba, cantos idiomas sabe falar e como traballa coordinadamente cos seus pequenos axudantes para que lle dea tempo de repartir todos os agasallos na noite de Nadal.

 

Rematou a súa visita aconsellando a todo o alumnado que estudara e lera moito.

 

Aquí deixamos unha mostra do seu paso polo colexio.


RECOLLIDA DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Informamos que as familias que recibiron a axuda do material escolar e están incluidas na listaxe de admitidos para a distribución de máscaras, poderán recollelas no centro desde o xoves 16 ata o luns 21 de decembro tendo en conta os horarios e pautas que a continuación se especifican.

 

HORARIOS DE RECOLLIDA

XOVES 16/12/21

VENRES 17/12/21

LUNS 20/12/21

De 10.10 a 13.00

De 10.10 a 11.50

De 10.10 a 11.50

 

  • No momento da recollida deberán acceder ó centro pola porta do edificio da ampliación (excepcionalmente estará aberta nese horario) e dirixirse ó mostrador de secretaría onde se lle entregarán as máscaras e asinarán a recepción das mesmas.

  • Non é preciso solicitar cita previa.

  • En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

Para acceder ó texto completo da orde preman aquí.

 

  1. Non ten que presentar solicitude:

-O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021-2022.

 

  1. Ten que presentar solicitude:

-O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 qie cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

  • Alumnado matriculado en educación especial 

  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% 

 

Presentación de solicitudes e prazo (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar):

 

-As solicitudes presentaranse presencialmente no centro (solicitando cita previa nos horarios de secretaría e dirección) utilizando o anexo I, que poden descargar desde este enlace ou recoller en secretaría.

-Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2019.

 

-O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro de 2021.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut