Skip to Content

ACOLLIDA AO ALUMNADO E FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN NO CURSO 2014-15

O luns 9 de xuño recibiremos no colexio ó alumnado de 2º EP do CEIP Virxe da Barca que se incorporarán no vindeiro curso ao noso centro así como aos novos alumnos que cursarán 4º de Infantil (3 anos).

A visita dos primeiros está prevista para as 10.20 h. Coñecerán as instalacións do centro e ós compañeiros do próximo curso, cos que compartirán o tempo de lecer antes de voltar para o seu colexio.

O alumnado de infantil visitará o colexio a partir das 12.15 h acompañados dalgún membro da súa familia. Compartirán tempo, xogos e espazo co alumnado de infantil que está actualmente escolarizado.

O mércores 18 de xuño, ás 19.00 h recibiremos ás familias do alumnado mencionado anteriormente. Ensinaránselle as instalacións, explicaráselles o funcionamento do colexio e dos servizos complementarios así como o proceso de matriculación dos seus fillos.



story | by Dr. Radut