Skip to Content

PROXECTO EXPERIMENTAL EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 22/04/2014 (DOG 30/04/2014) unha Resolución pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto experimental "Educación dixital" durante o curso 14-15.

Esta convocatoria vai dirixida ós centros Abalar e, os colexios seleccionados, disporán de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o currículo de 5º de Educación Primaria no curso 14-15, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes. A selección dos centros para participar neste proxecto implicará, pola súa gratuidade, a exclusión expresa como beneficiario do alumnado de 5º de EP das axudas para adquisición de libros de texto.

O noso colexio elaborou un proxecto para participar nesta convocatoria, que foi presentado en Claustro e Consello Escolar o 27/05/2014, obtendo unha valoración favorable para ser remitido á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. En canto coñezamos a selección dos centros, divulgaremos a información.



story | by Dr. Radut