ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. INFORMACIÓN PARA AS FAMILIA
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS
OU TITORES LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR
CIRCULAR INFORMATIVA
De acordo coa Convocatoria do día 30 de outubro, o próximo día 18, luns, en horario de 16.35a 18.30 horas, celebrarase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:
1º.-Quen pode votar.
Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e que está exposto publicamente na secretaría do colexio. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.
2º.- Modo de emitir o voto.
a) O voto será directo, secreto e non delegable.
b) Os modelos de papeletas da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.
c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de dous nomes dos candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.
Os candidatos que se presentan este ano son:
-Teresa Barros Rivera
-Isabel Haz Domínguez
-Mª del Socorro Pérez Haz
d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.
A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.
Os Muíños, 14 de novembro de 2024