CAMIÑO DE SANTIAGO: DESDE OS MUÍÑOS ATA MUXÍA
O venres 11 de xuño, o alumnado de 5º EP percorreu un tramo do Camiño de Santiago desde Os Muíños ata Muxía. Esta actividade, incluida na programación deste curso, formaba parte do Proxecto Anual “Facemos camiños”.
Comezando no colexio, descendemos cara a praia de Area Maior. Guiándonos polas frechas do camiño subimos ata Moraime, onde paramos para descansar, contemplar a igrexa de San Xiao coñecendo algo da súa historia e, finalmente, selar a credencial. Continuamos o ascenso ata San Roque, onde merendamos e falamos da construción da capela, da vida do peregrino San Roque e do rito do cambio da tella. Logo dirixímonos a Chorente para descender ata a praia de Espiñeirido, desde onde nos encamiñamos ata A Cruz para percorrer o paseo marítimo e finalizar na Oficina de Turismo, onde volvimos a selar a credencial e obtivemos o “Diploma do pequeno/a peregrino/a”.
O noso agradecemento a Protección Civil de Muxía, ao persoal da Oficina de Turismo e a Autocares Caamaño.
Aquí deixamos unha mostra da nosa peregrinación.