Iniciar sesión: Acceso

Curso 2018/2019

Curso 2018/2019

Libros de Texto 2018-2019

Xa están dispoñibles os Libros de texto e o material para o curso 2018-2019.

Preme en cada curso para acceder ao documento:

Infantil

Primaria

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 18-19

Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

 Prazo para presentar solicitudes

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).
  • O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2019.

 

Orde Fondo Solidario Libros de Texto

Solicitude Anexos I e II

Admisión Alumnado 18/19

Tal e como establece a Orde do 12 de marzo de 2013, detállanse a continuación os pasos a seguir de cara ao curso 2018-2019:

  1. Reserva de praza (1-15 de febreiro): o alumnado de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito (IES Ricardo Mella) deberá entregar este formulario. Os que desexen continuar noutro instituto deben esperar ao proceso de admisión e acudir ao centro de interese.
  2. Solicitude de admisión (1-20 de marzo): formulario para o alumnado de nova incorporación ao centro.
  3. Formalización de matrícula (20-30 de xuño): tanto o alumnado de nova incorporación, como o alumnado do centro, deberán formalizar a matrícula.
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: