Curso 2014/2015
Regueifamos?
Enviado por admin o Mar, 13/01/2015 - 04:34Pois si, aprendemos a "pelexar" coa nosa voz, xa que as reguiefas son cantigas entre dúas ou mais persoas que siguen un mesmo cantar versado durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Seméllanse ao RAP.
Os temas son variados, pero sempre cun bo toque de humor, por iso son aptas para todas as idades.
Aqui tendes as fotos que amosan o ben que o pasamos: FOTOS
Visitamos o Centro de Saúde de Lavadores
Enviado por Anónimo o Mér, 07/01/2015 - 16:49O pasado 18 de decembro os nenos e nenas de E.Infantil visitamos o Centro de Saúde de Lavadores para pór en práctica algúns dos coñecementos adquiridos co Proxecto do Corpo que traballamos durante o 1º trimestre.
Libroreta recomenda... Nadal 2014
Enviado por admin o Ven, 19/12/2014 - 05:26Guía de lecturas recomendadas para o alumnado no Nadal de 2014.
Consumópolis
Enviado por admin o Mar, 25/11/2014 - 11:56Consumópolis é un lugar con acceso a información e actividades sobre o Consumo Responsable.
O obxectivo de Consumópolis é ofrecer unha ferramenta práctica e dinámica que contribúa ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores.
O noso alumnado de 5º e 6º de primaria comenzou neste mes a súa participación no concurso, como podedes observar no seguinte vídeo:
Magosto 2014
Enviado por admin o Ven, 21/11/2014 - 12:08O 14 de novembro celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiples actividades.
No seguinte video podedes observar as imaxes que amosan o ben que o pasamos.