Iniciar sesión: Acceso

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Aínda quedan familias pendentes de presentar a solicitude, por favor non o deixedes para o último día, canto antes mellor.

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

 Prazo para presentar solicitudes (Anexo I e Anexo II)

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
  • O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
  • O alumnado de 6º de Primaria que vai ao instituto deberá poñerse en contacto co Instituto de destino para a presentación da solicitude.

Documentación que acompañará á solicitude

Recomendase a presentación a través da sede electrónica, de ser preciso presentala no centro traerase sempre que sexa posible cuberta e firmada (prestade atención no anexo II xa que se solicitan  todas as firmas dos membros da unidade familiar), e se solicitará cita para acudir ao centro para a súa presentación a través do teléfono 886120268 ou correo electrónico ceip.osello@edu.xunta.es. Non se atenderá a ninguén que non solicitara cita previamente.

Orde 19 maio 2020

Anexo I y II

Acceso Sede Electrónica

 

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: