Iniciar sesión: Acceso

blogue deadmin

AXUDAS MUNICIPAIS: LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR 23-24

Informamos que xa están publicadas as bases que regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado dos centros docentes con enderezo en Vigo para o curso 2023-24.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida famliar e laboral.

  • AXUDAS

    • Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).

    • Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Deixamos por aquí un anaco do que se levou a cabo no centro pola Semana das Letras Galegas.

Deixámosvos a continuación o podcast elaborado por todo o cole no obradoiro de radio.

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 23-24

Publicada a convocatoria que regula as solicitudes para o curso 2023-24 do:

  • Fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º e 4º de EP).
  • Axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de EP).
  • Axudas para material escolar (alumnado de EP).

 PRAZO DE SOLICITUDE:

Do 20/5/2023 ao 21/6/2023, incluídos.

MODALIDADE DE PRESENTACIÓN:

  • Presencialmente no centro educativo.
  • Vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) na sede da Xunta de Galicia.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

  • Anexo I e II.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente.

De ser o caso:

  • En caso de separación ou divorcio, deberá achegarse a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.
  • Outros.

 

ABRAPALABRA

Hoxe visitou BiblioSello, Pablo Otero e realizamos con el un obradoiro de escrita creativa enmarcado dentro do programa Biblioteca Creativa. 

Pasámolo xenial contando mentiras!!

 

FESTA DOS MAIOS

Deixamos un resumo da Festa dos Maios que vivimos no Sello e as coplas que compuxemos nos obradoiros de Lingua Galega para este día.

 

 

 COPLAS DOS MAIOS

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: