Queridas familias:
Agardamos que todo vaia ben polos vosos fogares!
Dende hai varios anos, este centro participa no programa FROITA NA ESCOLA, para fomentar merendas saudables no centro e por conseguinte unha mellora na alimentación (recordade que debemos tomar 5 pezas de froita e verduras ao día)
Este programa consiste en merendar na escola durante 10 días lectivos unha peza de froita. Neste caso será plátano, mazá e pera (2 días plátano, 2 días mazá e 1 día pera, durante 2 semanas). Pensamos en pedir froitas de peza única, que non se poidan compartir dada a situación que estamos a vivir.
É por iso que comezaremos o luns con estas merendas, polo que non será necesario que traian a súa. Grazas!