"A nena do vestido de flores" con Maruxa e Manuel
“A Nena do Vestido de Flores” é unha novela xuvenil na que a súa protagonista é Dania Vitoria, unha nena Asperger de once anos. Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día.
O venres 28 de maio estivemos encantados de recibir a visita no noso cole dos autores da novela “A Nena do Vestido de Flores”. Maruxa e Manuel estiveron falando da novela e das súas experiencias, como é a vida dun Asperger e a convivencia con él.
O alumnado de sexto, despois de ler a novela e traballala nas aulas, fixeron moitas preguntas e intercambiaron opinións e reflexións con Maruxa e Manuel.
Foi unha visita moi especial e enriquecedora tanto para o alumnado como para o profesorado.
Premede na imaxe para ver todas as fotos.
Maruxa e Manuel!
GRAZAS!