Skip to Content

Blogues

Podium para o recordo

Imaxe para o recordo a que puidemos sacar na proba de lanzamento de disco no provincial (Ferrol). Zoli, Jose e Antón subiron ao caixón gracias ao bo facer nesta modalidade de atletismo. (Xogade).

Vexo Veo Xacobeo

Aquí vos deixamos unha mostra da nosa saída para realizar un pequeno tramo do Camiño de Santiago que pasa preto do noso colexio.

Agardamos que vos guste!!!

 

Vexo veo xacobeo de Santiago

Excursión Galipark

Con estas imaxes, queremos expresar a nosa máis sincera gratitude ao Concello de Vedra por facer posible esta excursión de fin de curso cubrindo os gastos de transporte. Nesta saída, todo o alumnado do Ceip Ortigueira puido disfrutar dun día inesquecible de multiaventura no Galipark de Padrón. Esta experiencia non só foi unha oportunidade fantástica para que o alumnado compartise momentos de diversión e aprendizaxe, senón que tamén fortaleceu o espírito de compañeirismo entre eles. O equipo directivo xunto cos mestres e mestras deste centro queremos dar as gracias ao alumnado e ás familias por pasar un día tan fantástico.

Noraboa!!

 

 

Excursión Final de Curso. 2024 de Santiago

Atletismo. CAFI Santiago

O 24 de maio asistimos a unha xornada de atletismo invitados polo CAFI de Santiago. Nas pistas de da Universidade tivemos a oportunidade de compartir unha bonita experiencia con escolares de 7 centros de distintas zonas de Galicia.

Aquí podedes ver unha foto de todo o grupo.

Atletismo. Santiago

Semana da bicicleta

O luns 3 de xuño foi o día internacional da bicilceta. Para conmemorar esta semana o alumnado veu en bici á escola. Preparamos un circuito de Educación Vial no que puxeron en práctiva a súa habilidade sobre rodas e o coñecemento dos sinais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut