Segundo

 

#opombalquedasenacasa

 

Estimadas familias

Durante as próximas semanas imos a ter que quedar na casa. Tedes tempo para facer actividades.

Tódolos días os nenos e nenas de primeiro ciclo deben adicar un tempo á lectura.

Tamén faredes, debuxos, letras e alguna operación matemática (sumas, restas,...)

 

O alumnado de 2º A fará:

Prezadas familias;

Espero que todas esteades ben, e como toca descansar quero desexarvos unhas Felices Pascuas. As propostas de traballo para a volta de vacacións de Semana Santa farémolas a través deste blog:

 

Biquiños. Emilia

 

 

Ademais farán:

-        Lectura diaria (15 – 20 minutos)

-        Facer un pequeño ditado ou copia (dun libro ou dun conto)

-        Actividade escrita: nun folio debuxar una planta e sinalar as partes da planta.

-        Buscar en revistas ou na prensa paisaxes de costa ou montaña.

-        Tamén podedes debuxalos.

-        Podedes buscar vídeos sobre a paisaxe:  https://www.youtube.com/watch?v=LxgKYT8oDTo

-        Paisaxe de costa: https://www.youtube.com/watch?v=KcbP0NcX2t4

-        Paisaxe de montaña: https://www.youtube.com/watch?v=QZsLWPVgB1c

-        Facer un par de restas e sumas e repasar a táboa de multiplicar do 2, 3, 4, 5 e 6.

-        Nun folio debuxar unha ave e un mamífero (o que máis lles guste) e describilos  segundo as súas características.

 

 

O alumnado de 2º B

A partires de hoxe a vosa mestra faravos as súas recomendacións no blog 

"La pandilla del pombal"

Fará as tarefas que lle asignou a súa mestra o último día de clase para estes 14 días de cuarentena.

Moito ánimo e “RESISTIREMOS”

Non esquezades que tendes toda a información na páxina web do Pombal

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet