O pasado 2 de decembro festexamos o día da diversidade e para a ocasión tivemos con nós uns convidados de excepción: Os membros do Centro Ocupacional de Negreira. Viñeron contar uns contos a todos os nenos/as do cole. Moitas grazas por vir e por facer que os nenos/as se divertiran coas vosas historias!
Tamén estiveron con nós anteriormente, neste caso para festexar o Magosto e o Samaín. Deste día temos unhas fotos que podedes ver no enlace (clicando na cabaza)
Hoxe o alumnado de 6º foi visitar e coñecer o IES Xulián Magariños ao que prontiño irán xa. Dende o colexio queremos agradecer a todos e todas os que alí nos recibiron polo ben que se portaron xa que nolo fixeron pasar moi ben.
Velaquí as recomendacións de lectura e xogo, para todas as idades, da nosa Xoaniña lectora, Lola, para que gocedes durante estas merecidas vacacións. Descansade moito, coidádevos, e volvede con forza e ánimo para o próximo trimestre.