Skip to Content

Centro de pedagoxías vivas e activas

SOLICITUDE DE TRANSPORTE E COMEDOR

Apertura do prazo de solicitude de transporte e comedor do 17 de xuño  ao 2 de xullo.

Poden descargar as solicitudes nos arquivos adxuntos.

AdxuntoTamaño
Solicitude comedor 24-25.odt102.78 KB
Solicitude transporte 24-25.odt102.47 KB
autodeclaracion 24-25.pdf809.21 KB
Instrución 1-2024_XD_vdef_asinada.pdf424.08 KB

XABIER DÍAZ

Dentro do proxecto de música do centro, tivemos o privilexio de contar cun convidado de excepción. Nada máis e nada menos que Xabier Díaz!

Acompañou ós nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e as súas mestras, aportándolle unha visión ampla e clara da tradición oral galega.

Presentou instrumentos que descoñecían, ensinoulles coplas e acompañounos tocando a súa pandeireta mentres os nenos e nenas lle adicaban unha das súas cancións.

Brindouse a asinar tódalas pandeiretas que chegaron ás súas mans, ademais de doar un exemplar de toda a súa discografía para a biblioteca.

OS XIRASOIS

Pero que bonito se está poñendo o noso colexio! Se o outro día vos ensinabamos o fantástico mural que nos pintou Nana, desta vez foron os propios nenos e nenas do colexio os que crearon unha preciosa obra.

Os alumnos e alumnas de arts and crafts da mestra Beatriz Fernández fixeron milleiros de boliñas de papel que logo se foron xuntando e voilá! crearon este fermoso cadro que xa podemos ver na subida das escaleiras de Primaria.

Se vides polo centro, aproveitade para desfrutar destas fermosas obras de arte

OS SUPERPODERES DE IAN

O día 16 de abril tivemos a gran sorte de contar no cole coa visita de Carmen.

Carmen é a avoa de Ian, un neno que naceu cunha enfermidade moi descoñecida que só teñen 25 nenos en España: a Hemiplexia Alternante da Infancia.

Carmen contounos que precisamos coñecer a enfermidade para poder atopar unha solución e que a investigación é moi necesaria para poder facelo. 

Para axudar á investigación, Carmen escribiu xunto ao seu fillo Luca, de 4 anos "Los superpoderes de Ian", un conto onde Luca nos conta como descubriu o que lle pasaba ao seu sobriño.

Nesta visita que nos fixo Carmen descubrimos, experimentamos e emocionámonos coa súa historia. 

Animámosvos a descubrir máis sobre eles nas súas redes sociais.

NIEVES A ENFERMEIRA

Este ano, o día da saúde estivo adicado ás enfermeiras. Por iso, no noso colexio quixemos facerlle unha pequena homenaxe á enfermeira máis importante para nós, xa que é a encargada de coidar ós nosos nenos/as. Ela é Nieves e todos e todas a queren moito, como lle quixeron demostrar cos seus traballos; aínda que ás veces teña que poñerlles algunha que outra pincha. 

Neste vídeo podedes ver que bonito nos quedou o agasallo e tamén como llo entregaron a Nieves

 

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ( BECAS NEAE)

PRAZO: DO 30 SE ABRIL AO 13 DE SETEMBRO.

Recoméndase entregar a documentación antes do 26 de xullo.

Teñen toda a información no seguinte enlace 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/...

DÍA DO LIBRO

Para festexar o día do libro, no colexio fixemos os apadriñamentos lectores, no que os maiores do cole lle leron contos ós pequenos. O día acompañounos e permitiunos poder facer a actividade ó aire libre.

Esta actividade sempre resulta moi proveitosa, xa que ademais de incentivar a lectura, realizamos unha actividade en común con todos os nenos e nenas do cole, na que se crea un vínculo entre os pequenos e os maiores

MURAL DA BIBLIOTECA

O noso corredor da biblioteca xa non volverá ser o mesmo. Cambiamos un corredor triste, deslucido, sen luz... nun paseo por un mundo de cores.

A artista Nana creou un fantástico mural cheo de cores, de libros, música... que de seguro fará que os nenos e nenas que pasen por el entren con máis gañas para crear belas

composicións na aula de música ou empaparse de aventuras e novas historias na nosa biblioteca.

Moitas grazas á ANPA por axudar a facelo posible e moitas gracias a Nana por deixarnos desfrutar do seu bo facer.

Distribuir contido


by Dr. Radut