Este 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller coa visita do grupo musical Brassica Rapa, cuxas compoñentes viñeron ataviadas con prendas moradas para visibilizar a igualdade entre xéneros. Alén disto, visualizamos un vídeo na biblioteca realizado coa colaboración da AFA, tamén co gallo deste acontecemento.