A Milla Diver-xente
A Milla
Marzo 2024
ODS 10 e 11
Biodiversidade
O Piñeiro en Galicia.
Durante o mes de marzo de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.
O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de febreiro coñecemos o ODS 10 e ODS 11.
Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. As madeiras son recollidas de restos de podas ou caidas.
A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.