Aliméntate ben

SACOS AROMÀTICOS DE LAVANDA.

o día 16 de abril de 2024 cada alumnx levou para a casa un saquiño aromàtico.

Os nenxs de 4⁰A e 2⁰B estiveron traballando os ODS 12 e 13.  Decidiron centrarse  nas propiedades das plantas aromàticas e medicinas e animarvos a todxs a empregalas máis, desde xeito podemos aforrar en ambientadores, xarabes, xabóns... coidando así do medio ambiente.

Estás son algunhas das actividades que levan facendo nestas últimas semanas:

-Elaboraron un libro de plantas medicinas para cada aula.

-Recolleron lavanda e menta da Horta.

- Pediron colaboración às familias para que trouxeran arroz e plantas ( moitas gracias, era moi importante para eles a vosa axuda).

- Fixeron 390 saquiños aromàticos de lavanda,  grazas  a "O Cruceiro do  Monte" por regalarnos a tela para elaboralos, familia dunha nena de 4⁰,  e grazas tamén a todos os que nos axudastes a montar saquiños, foi un bo traballo en equipo.

-E como remate, hoxe tivemos a visita de Dori, unha antigua profe do cole e avoa de alumnos que nos contou lendas interesantes sobre algunhas plantas, entre outras cousas, moitas gracias Dori.

Animádevos a cultivalas na horta ou en macetas, podemos facer moitas cousas con ellas.

voznatura #Diver-xente #ODS #voznatura #biodiversidade #ODS12  #ODS13 #sacosaromàticos #biodiversidadedeplantas