Aliméntate ben

Manzana gif 13 » GIF Images DownloadAs mazás do outono.

Coa chegada do outono, o alumnado de 5 anos comezou  investigar sobre as mazás e todo o que con elas e pode facer. Todo comezou cunha carta que recibiron na aula, que os convidaba sair ao patio recoller mazás, nas maceiras.

Rapidamente todos se apuntaron para ir recoller deliciosas mazás. A ver que podían traer para o aula.

Atoparon moitas e moi curiosas, grandes, pequenas, vermellas... xa tiñan traballo. Poderían clasificar as boas, as defectuosas, por cores, por tamaño, por tipo.

Tamén podían tocalas, saborealas, escoitar o seu ruido, cheiralas...experimentaron con todos os sentidos.

Coa ilusión, decidiron nas súas casas e coas súas familias, elaborar exquisitas receitas con mazá: pasteis, compota...

Descubriron que con elas podían facer manualidades, así que probaron a estampación.

Un traballo excelente e máis que completo. Noraboa!.