Deporte en Familia
Paseos fluviais gratuitos polo río Miño
Para gozar dunha experiencia en barco no río Miño, da súa contorna, paisaxes e vexetación os 4 concellos de Tui, Valença, Salvaterra do Miño e Monçao, poñen a disposición dos interesados, visitantes e turistas un pequeno barco turístico para facer un paseo en barco gratuito, de aproximadamente 1:00h para apreciar as fermosas vistas dos cascos históricos e das marxes do río Miño dende o río e gozar dunha nova experiencia na rexión. Estas excursións realízanse regularmente dúas veces ao día, a primeira ás 16:00 hora española e a segunda ás 17:30 horas. Os interesados deberán apuntarse, a partir das 14h30, no quiosco informativo, situado a carón da embarcación, que poderá estar no embarcadeiro de Tui ou Salvaterra de Miño ou no Centro de Reservas do Tour Operador Hemisferios. Pincha na imaxe para dispoñer de máis información.