Skip to Content

Se viaxo no bus

Para aqueles nenos e nenas da área de influencia do Centro que viven un pouco lonxe (Bornetas, Areas e Pexegueiro),  a Consellería de Educación ofrece o servizo de transporte escolar de maneira gratuíta.

Se non se está escolarizado na área de influencia, este servizo só poderá utilizarse coa solicitude á dirección do centro e a correspondente autorización para o curso académico por parte de Xefatura Territorial.

A empresa que ten a concesión é MONBUS.     

A hora de recollida polas paradas é en torno ás 08:45 h. para estar no centro antes das 09:15 horas; e a de volta a casa será a partires da 14:15 h. unha vez rematadas as clases.

 

Rutas e paradas

 

Rutas               Paradas                             Número de nen@s
99PO0462

Rafi

San Martiño

Gaios

Anta Abaixo                   

Anta Arriba

Viveiro

Cruce Sobrada

Salgueiriño

Saídes

Souto - Pexegueiro

Fonteseca  - Pexegueiro 

           28
99PO0471

Parador

Rotonda

Areas 

25

 

Deberes do alumnado transportado

  •  Estar puntualmente na parada nas horas de saída do autobús.
  •  Non acercarse ao autobús ata que estea totalmente parado, nin  levantarse dos seus asentos durante o traxecto.
  •  Respectar ao acompañante e ao conductor do autobús.
  •  Non tirar papeis ou outros desperdicios no vehículo, nin ocasionar danos no mesmo.
  •  Axudar aos seus compañeiros menores ou con limitacións físicas.
  •  Non molestar ou perturbar a conducción do vehículo.

 

En todas as rutas temos un acompañante. Según establece o Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, as principais funcións do acompañante son:
  • Coidar da seguridade dos menores durante o transporte escolar, e procurar que non se produzan altercados durante a viaxe.
  • Encargarse da recollida e acompañamento do alumnado durante o seu transporte, así como das operacións de acceso e abandono do vehículo.
  • Comunicar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria calquera incidencia que atinxa ao alumnado durante o transporte ou nos momentos de acceso e abandono do vehículo.
  • Coordinar as operacións de evacuación do vehículo e atención aos feridos, no seu caso, cando se produzan averías ou accidentes de circulación.


page | by Dr. Radut