INICIAMOS NOVO CURSO ESCOLAR!!

Benvidos outra vez a un novo curso escolar!!!

Estamos desexando botar a rodar todas as novas ideas para a nosa horta. Este ano teremos axuda das mestras do equipo plurilingüe que xunto con todos os nenos van deixarnos unha horta moi bonita...esperemos que logo as verduriñas saian ben fermosas.

Estes días temos dado pequenos pasos....pero importantes. Xa temos a terra preparada grazas a nosa fresadora oficial. Esperemos que o tempo acompañe para comezar a sementar.

 que ben fresado quedou todo!!!

                                                                                                  Deu traballo pero quedou ben fresadiña, a que si??