Reciclaxe Saudable
Reciclaxe Saudable.
Este curso, con motivo do proxecto " Un estilo de vida saudable e feliz" decidimos tomar conciencia da importancia de reciclar e manter o patio o máis limpo posible.
Para isto, colocamos papeleiras nas zonas comúns para poder reciclar todos os desperdicios que xeramos nas aulas e formouse unha patrulla de reciclaxe que durante os recreos informa e recorda a todo o alumnado que manter o patio limpo é moi importante.