PLANTACIÓN MÉRCORES 25 DE ABRIL
PLANTACIÓN MÉRCORES 25 DE ABRIL
O pasado mércores 25 de abril voltaron á horta os alumnos de 2º. Desta vez plantaron leitugas e cenorias, para o que contaron coa axuda das súas titoras e da profe Bea.
Ademais, os alumnos de 6º A comezaron coas quendas de rego e coidado da horta, que cada día está máis bonita.