Skip to Content

O País dos mandóns

O PAIS DOS MANDÓNS

 

Con motivo do día da Paz, fomos a ver unha obra de teatro a área panorámica.

 Esta obra, trataba de tres persoas, dous chicos e unha chica que ían por moitos países. Foron ao país das chuches, e outros países, pero unha vez, foron a un pais diferente, que non era bonito. Era o país dos Mandóns, un país onde os cidadáns, facían o que lles mandaba o seu xefe, o Mandamáis.

 O Mandamáis, era o rei do país, e mandaba facer o que el quixera. Os tres protagonistas da obra fixábanse que nese país, había unha persoa que estaba varrendo constantemente, unha e outra vez, e lle preguntan:

 -Por que non paras de varrer?

 -Porque mo manda o Mandamáis, teño que varrer todo o pais unha e outra vez, unha e outra vez.

  Seguiron camiñando polo pais e se fixan nunha señora que estaba lavando moitísima roupa, e lle preguntan: -Por que lavas tanta roupa?

 E lles responde: -Porque me apetece.

 - Porque che apetece?

 -Non ho, como vaime apetecer! Lavo toda esta roupa porque mo manda o Mandamais, teño que lavar toda a roupa do pais unha e outra vez, unha e outra vez.

 

Os protagonistas seguían camiñando polo pais e pensando no que habían visto, pensaban que estaba mal e que o Mandamais non lles podía obrigar a estar todo o día traballando, entón, decidiron que ían arranxar iso como fose, non podía quedar asi.

 Camiñaron ata chegar a onde se aloxaba o Mandamais e chamaron a porta, abriu a porta o seu mordomo, e se dirixiron a falar co Mandamais.

 Chegaron ata onde estaba el e lle comezaron a falar:

 -Non pode ser que teñas a toda a xente do país traballando constantemente sen parar só porque sexas o rei deste país.

 -Este país debería cambiar de rei, non é xusto. Dicían eles.

 -Pero que dis, eu son un rei xenial.

 -Non! Xa sei o que faremos, faremos votacións. E así foi.

 Os que se presentaron foron a chica e o Mandamais, amigos da chica a votaron, e o mordomo, tamén votou a chica, polo cal, gañou de maioría absoluta, e entón a chica e os seus amigos reinaron o pais.

 Nese país agora todo estaba ben.

 

redactor: Beltrán García Rodríguez



alumnos | by Dr. Radut