XORNADA DE ATLETISMO

Xornada de Atletismo en Pista

A Macoca

19/02/16

O pasado Venres 19 de Febreiro de 2016, tivo lugar a Xornada de Atletismo en Pista, na A Macoca, para o alumnado de 5º de Primaria do noso cole. Nesta Xornada tamén participaron todos os alumnos de 5º do Cep Altamira de Salceda, do Ceip Caldelas de Tui, do Ceip Guillarei, do Ceip Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip Pazos de Reis e do Colexio Sta Mª Maristas.

Disfrutamos das probas de atletismo de 60m lisos, 500m lisos, Salto de Lonxitude, Lanzamento de Vórtex, Lanzamento de Peso e Carreira de Relevos. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial.