Skip to Content

Monthly archive

AS FAMILIAS ANÍMANSE COAS SEMENTES

FOTIÑOS DAS FAMILIAS

Algunhas das nosas familias animáronse a enviarnos algunhas fotos facendo as actividades propostas dende Voz Natura. Neste caso extraen sementes de cabazas e sandías.

Moitas gracias por achegarnos as fotografías!!

 

 

 

 

 

ECO-RETO VOZ NATURA. NOVEMBRO

NOVO ECO-RETO DE VOZ NATURA

NOVEMBRO

RETO INVESTIGAMOS

Os nenos e nenas de segundo animáronse de novo cos retos de Voz Natura. Este mes de novembro o reto é investigar flora e fauna. Estiveron recolectando diferentes tipos de plantas e follas.

Fixeron unha exposición con todas elas, recolleron diferente información e puxerona ao alcance de todos para compartir o que aprenderon.

Moi bo traballo investigador@s!

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE VOZ NATURA

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES DE VOZ NATURA

Curso 2021-22

Dende Voz Natura queremos ofrecervos a toda a comunidade educativa unha proposta de actividades para levar a cabo nas aulas, ou en familia.

Este ano Voz Natura xunto ao noso proxecto de centro, "Naturalíza-T", invítanos a aproveitar todas as posibilidades que nos ofrece a natureza, que son infinitas. Deste xeito contribuiremos a coidar o planeta e non xerar máis lixo, posto que todo o elaboraremos con materiais inofensivos para a Terra  e o medio ambiente.

Se vos animades a realizar algún destes talleres, gustaríanos recibir as vosas fotografías para amosalas nesta mesma páxina.

 

Animádevos!!

 

1- TALLER DE PINTURAS ECOLÓXICAS.

Neste taller ensinaremos aos pequen@s a elaborar pintura con alimentos. O video danos algunhas ideas, pero seguro que vos coñecedes máis.

 

 

 

2- TALLER DE DEBUXOS CREATIVOS.

Neste taller poden elaborar de xeito autónomo e creativo diferentes debuxos con follas, flores...

 

3- TALLER DE ANIMAIS.

Con piñas, ramas, follas, carozos... pódense facer moitos tipos de animais.

 

4- TALLER DE INSTRUMENTOS MUSICONATURAIS.

Seguro que os vosos avós neste taller vos poden botar unha man, pedídelle axuda, é moi posible que na súa infancia fixeran algúns.

 

 

DORSAIS CON FOLLAS

UNHA CARREIRA DE SAN MARTIÑO DIFERENTE.

5 ANOS FAN DORSAIS CON FOLLAS.

Curso 2021-22

Os nen@s de 5 anos de infantil uníronse as propostas de Voz Natura e do proxecto Naturíza-T de coidar o planeta e non contaminar. Por iso decidiron facer os seus dorsais con follas que eles mesmo recolleron.

Unha iniciativa moi moi creativa!! un aplauso moi grande par todos eles.

     

“Libro de receitas: Hábitos de vida saudables e felices”.

O noso centro participou dende o curso 2018 no Programa Europeo Erasmus+ "Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”. 

(Preme na imaxe para acceder á  información)

DECORAMOS A HORTA CON CACTUS

PLANTAMOS CACTUS

curso 2021-22

Os nenos e nenas de terceiro animáronse a repor plantiñas nos tarros colgantes. Nesta ocacasión escolleron cactus que foron proporcionados polas mestras ou algunha familia.

 

 

 

 

URBAN TRAIL 21

 

V URBAN TRAIL NIGHT

Curso 2021-22

O vindeiro sábado día 27 de Novembro de 2021, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

 

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio ao avituallamento, como voluntarios. Convidamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na proba como voluntarios, so teñen que cubrir a seguinte notiña.

A colaboración consistirá en repartir o avituallamento aos corredores na zona do Centro Interfederado de Tui entre as 20:00 e as 21:20h, estando sempre acompañados de mestres do colexio e as familias se o consideran oportuno. 

 

 

Aloia Kids Trail 21.

Aloia Kids Trail 21.

Sábado 6 de Nov ás 16:00h.

O pasado sábado 6 de novembro de 2021, as 16:00h tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui. Da nosa escola animáronse a participar moitos alumnos e moitas familias. A nosa noraboa a tódolos/as participantes e tamén aos gañadores. Aquí queremos compartir os premios dalgúns dos gañadores.

Promoción de Tenis de Mesa.

Promoción de Tenis de Mesa.

 Os días 19, 20 e 21 de outubro de 2021, tivemos a Vladimir e Alberto do Club Tenis de Mesa que adestran no Casino de Tui e xon importantes xogadores de  este deporte.

Con eles o alumnado de 4º, 5º e 6º,  practicaron Tenis de mesa e pasaron unha clase divertida, xogando coas  raquetas e pelotas.

Tamén nos convidaron a visitar as instalacións do Casino os martes de 16:30 a 17:30 e desfrutar do Tenis de mesa. 

Moitas, moitas grazas aos dous.

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

   O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria colaborou, xuntamente con outros coles,  coa asociación Vontade de Tomiño enviando cuestións e dúbidas sobre a discapacidade. 

   Como resultado, as persoas integrantes desta asociación, crearon o vídeo que podedes ver premendo no seguinte link:

 

https://drive.google.com/file/d/1skuUnelvTBea-EJm-9Tf2hoG0Fsdwocy/view?usp=sharing

 

Moitas grazas, Vontade!



by Dr. Radut