Skip to Content

Monthly archive

7º Campus de Nadal.

                                                  7º CAMPUS DE NADAL

O Anpa Diomedes do C.E.I.P Nº1 de Tui en colaboración co club Natación Eurocidade Thermalia Baixo Miño, organiza durante o Nadal o 7º Campus de Nadal en horario de 9:00h a 14:00h para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

As actividades serán Xogos, Bailes, Talleres de Nadal, Excursión Tren Turístico, etc…

Animádevos a disfrutar da máxia do nadal.


XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Educación Vial no Ceip Nº2 de Tui.

Dende o luns 23 ata o luns día 30 de Xaneiro de 2017, os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui disfrutamos de unhas xornadas de promocións moi especiais, tivemos a oportunidade de  coñecer as normas de circulación ciudadáns coa axuda da Dirección Xeral de Tráfico. Así tivemos formacións teórica e formación práctica como peóns, con bicicletas, e con cars…foi fascinante.

FINAIS DE BÁDMINTON

FINAIS DE BÁDMINTON

O pasado mércores día 15 de febreiro, xogaronse ni IES de Tomiño as finais da competición escolar de bádminton nas categorías cadete, infantil, alevín e bexamín masculino e feminino.

Foi unha tarde chea de diversión e emoción a partes iguais. Todolos participantes levaron unha medalla de agasallo, ademáis do premio ao primeiro, segundo e terceiro posta.

Aqui vos deixamos unhas fotos da xornada e da entrega de medallas a todolos participantes.

Noraboa a todos e todas!!!!!!!

 

 

ELSA PENA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA EN 3000 METROS

 

Elsa Pena do Club Atletismo Tui-Thermalia

Subcampeona de España en 3000m

 

O pasado sabado día 18 de marzo de 2017, disputouse en Antequera-Málaga, o Campionato de España de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete.


Nesta competición nacional a atleta guardesa Elsa Pena, atleta do Club de Atletismo Tui-Thermalia, acadou o segundo posto nos 3000 metros lisos.

Noraboa para Elsa e para todo o clube polo gran traballo que está a levar a cabo.

CORRE SALCEDA

A nosa compañeira Elena de 3ºA gañou a carreira "Corre Salceda" deste ano na categoría C 500 metros.

Noraboa a aesta gran campiona e que siga disfrutando e practicando deporte.

CAMPUS URBANO

7 CAMPUS URBANOS ANIMATUI

ANIMATUI está organizando o seu 7º campus urbano para os meses de xullo e agosto.

Está destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos, o horario é de 9:00 da mañá a 14:00 horas, puidendo quedar no comedor ata as 16:00.

Organizan diversas actividades deportivas, lúdicas, obradioros....para que os nenos en nenas o pasen ben e disfruten das vacacións de verán.

IV Andaina Muiños do Río Furnia en Malvas

IV Andaina Muiños do Río Furnia

Sábado 21 de Outubro 2017

17:00h

 

O vindeiro sábado 21 de outubro ás 17:00h, terá lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.

Será unha camiñada para facer en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h.

Para os nenos de Educación Infantil e Primaria será gratuita aportando soamente 1 € que será doado a Asociación San Xerome Emiliani. O precio dos adultos será de 4€ e 1 € que será doado a Asociación San Xerome Emiliani.

 

Animamos a todas as familias a disfrutar de este entorno natural.

Bádminton

TTR Sub 17 de Bádminton

Escola Rosalía Vigo

17 de decembro de 2017

O pasado domingo, 17 de decebro de 2017, tivo lugar nas instalacións da Escola Rosalía de Castro de Vigo, o Torneo Sub 11 organizado polo Club da Escola Rosalía de Castro de Vigo, puntuable para o ranking nacional.

Neste torneo partiparon moitos alumnos do noso colexio e do Club de Báminton Tui, todos chegaron á fase de cuartos de final. Mención especial para Noa que se proclamou campiona do torneo na categoría individual e foi terceiro posto en dobres co seu compañeiro Lucas.

Noraboa a todos os participantes e ao Club Bádminton Tui.

 

 

XORNADAS INTERCENTROS

 Xornadas de Dinamizacións Intercentros en Horario lectivo 16-17.

Neste trimestre tamén dará comezo as xornadas de deporte escolar intercentros, durante a xornada lectiva. Nelas participa todo o alumnado de 3º ata 6º, indo cada curso un día.

Aqui vos deixamos o calendario da competición.

O  Vindeiro Luns día 23, en horario de 9:15-13:30h, os primeiros en participar nesta xornada serán @s @lumnos de 4ºB e 6ºB, que se desprazarán ata o colexio Altamira de Salceda para participar cos nenos/as de alí a: Minibalonmán, Minivolei, Bádminton, Baloncesto, Xadrez e Futbol-sala.

Tod@s @s participantes terán que traer chandal e equipación do colexio se tiveran, de non ter roupa deportiva, a mochila de cambio de educación física e merenda.

Se algunha familia de estes alumn@s se quere desprazar ata o Pavillón do Ceip Altamira, para acompañarnos, nos encantados de que nos acompañen e nos animen.

 

 

CONTOS DEPORTIVOS

Seguimos promovendo a lectura e o deporte esta vez foi Lía de 3ºA a que trouxo un conto para amosarllo aos campañeir@s.

O libro é sobre fútbol e está escrito en portugués e con unha forma chulisíma de balón de fútbol.

Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.



by Dr. Radut