Skip to Content

Monthly archive

O windows en smartphones

Artigo interesante sobre o uso do windows 10 e a súa aplicación en smartphones.

O Equipo Cadete Feminino do C.B. Tui Subcampión da Copa Galicia 2015

O Equipo Cadete Feminino do C.B. Tui Subcampión da Copa Galicia 2015

O equipo Cadete Feminino, do Club Baloncesto Tui, proclamouse a pasada fin de semana, do 10 de Outubro de 2015, Subcampión da Copa Galicia 2015, onde o equipo do Celta de Vigo se proclamou Campión por un resultado de 58- 48 puntos.

A nosa Noraboa ás gañadoras e por suposto ao equipo tudense por este supercampionato. Entre elas varias antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, que fixeron do Baloncesto o seu deporte. Ánimo para que sigan colleitando grandes éxitos durante toda a tempoda 15-16

 

O tudense Miguel Rivero Campeón de España de Enduro Máster 50

O tudense Miguel Rivero Campeón de España de Enduro Máster 50.

O tudense Miguel Rivero, do conxunto Peña Ciclista Biciosos de Tui, proclamouse o pasado día 4 de Outubro de 2015, Campeón de España de Enduro Máster, na proba de máis de 50 anos. A nosa noraboa a este gran corredor e a todo o equipo Ciclista Biciosos.

Noticia facilitada por Rubén de 5ºC. 

O Equipo Alevín do Tyde F.C. comeza a Temporada 15-16

O Equipo Alevín do Tyde  F.C. comeza a Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Tyde F.C., comezou a pasada fin de semana, 10 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano o equipo xogará na categoría 2ª División Alevín Vigo, no Grupo 57. Na primeira xornada de liga o encontro foi: 
Porriño Industrial B- Tyde F.C.  Resultado 2-15.

Con este resultado, os equipo tudense comeza con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Os nosos parabéns.

O Equipo Infantil do Ribadelouro comeza a Temporada 15-16

O Equipo Infantil do Ribadelouro comeza a Temporada 15-16.

O equipo Infantil do Ribadelouro comezou a pasada fin de semana, 10 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este ano, neste equipo xogará o alumno de 6º Miguel Rebelledo, como porteiro. Na primeira xornada de liga o encontro foi: 

Ribadelouro-Val Miñor  Resultado 7-2.

Con este resultado, os equipo tudense comeza con moi pé na liga, . Os nosos parabéns.

As ‘Guerreiras’ gañan a Austria e Bulgaria no Preeuropeo 2016

TRIUNFO DAS GUERREIRAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR CON MÁIS DE TRES MIL PERSOAS NAS GRADAS

Vitoria de España sobre Austria (25:15)  no partido co que se iniciou a fase de clasificación para o Campionato de Europa 2016. No Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. Tras este triunfo, o vindeiro domingo as Guerreiras xogarán en Bulgaria o seu segundo compromiso da fase de clasificación. Noraboa!!

O mesmo farían o domingo gañando a Bulgaria 14-39.

Agora será cos Países Baixos con quen se medirán para saber quen seguirá cara ao Campionato Europeo de Balonmán 2016.

Podedes atopar máis información sobre este partido en:

As Alumnas do Ceip Nº2 de Tui Gabriela e Martina Juncal practican Deporte en Familia

As Alumnas do Ceip Nº2 de Tui Gabriela e Martina Juncal practican

Deporte en Familia

 

Na World Rowing Master Regatta Hazewinkel 2015



As alumnas do Ceip nº2 de Tui Gabriela e Martina Juncal, de 1º e 5º, foron unhas periodistas de excepción na World Rowing Master Regatta Hazewinkel 2015.
Os seus pais Carlos Juncal e Mónica Cordo, participaron dende o 10 ao 13 de Setembro en Bélxica, no Campionato Master de Remo, na categoría Catro Scull mixta, na que xunto a eles tamén remaron Auri e Manu. Carlos ademáis tamén participou noutras embarcacións con grandes éxitos.
A nosa Noraboa a esta familia de deportistas, que fan do seu deporte, un camiño a seguir para as  nosas alumnas.

A española Yanfei Shen gaña o primeiro ouro do Tenis de Mesa español nun Europeo

A española Yanfei Shen gaña o primeiro ouro

do Tenis de Mesa español nun Europeo.

A española Yanfei Shen fai historia ao acadar, xunto á turca Melek Hu, a primeira medalla de ouro para o tenis de mesa español, no campionato de Europa de Rusia, celebrado a principio do mes Outubro de 2015. A española número 42 do mundo, e a súa compañeira enfrontáronse na gran final á rumana Elizabeta Samara e á húngara Georgina Pota.

Ademáis de esta medalla, a Selección española pecha o Campionato de Europa, ascendendo o equipo feminino á máxima categoría do tenis de mesa e mantendo o equipo masculino en dita categoría.

A nosa noraboa ao Tenis de Mesa Nacional.

Noticia facilitada por Mara Montero de 5ºC. Moitas grazas Mara.

O Equipo Alevín do Caldelas F.C. comeza a Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Caldelas F.C. comeza a Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Caldelas F.C., comezou a pasada fin de semana, 18 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este foi o resultado, na primeira xornada de liga: 

Caldelas F.C- Tomiño A F.C.  Resultado 2-0

Con este resultado, o equipo tudense comeza con moi pé na liga, neste equipo xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui. Carlos, Mateo, Martín... Os nosos parabéns.

Información facilitada polos alumnos de 5ºC.

 
 

O Equipo Alevín do Porriño Industrial A comeza a Temporada 15-16.

O Equipo Alevín do Porriño Industrial A comeza a Temporada 15-16.

O equipo Alevín do Porriño Industrial A, onde xoga o alumno Rubén de 5ºC, comezou a pasada fin de semana, 18 de Outubro de 2015 a temporada 15-16.

Este foi o resultado, na primeira xornada de liga: 

Porriño Industrial A- Vila do Corpus F.C.  Resultado 3-2

Con este resultado, o equipo porriñés comeza con moi pé na liga. Os nosos parabéns.

Información facilitada por Rubén de 5ºC.



by Dr. Radut