Na semana do 16 ao 20 de maio realizamos unha serie de actividades co motivo da celebración das LETRAS GALEGAS.
Neste curso o autor homenaxeado foi LOIS PEREIRO. Cada titor/a traballouno cos seus nen@s nas súas aulas de diferente forma.
En Educación Infantil, por exemplo, traballouse a través do manexo do encerado dixital interactivo.
O día 18 de maio tivo lugar a xornada da VELLA ESCOLA, onde os titores e especialistas dramatizaron como eran os mestres daquela cos seus alumnos nas dúas primerias sesións e na terceira sesión os avós dos nen@s asisitiron ás aulas para contarnos como era a Escola na súa infancia:
Que libros tiveron? Que pasaba se comportaban mal? Como ían vestidos naquela época? (....)
Deste xeito, os nen@s dábanse conta do ben que están agora na escola e do que padeceron os seus avós.
E algún que outro avó probou un recurso moi moderno que non tivo no seu día e que os netos gozan: O ENCERADO DIXITAL.
Ao rematar a charla, os avós acudiron ao cuberto ximnasio para a DEGUSTACIÓN DE POSTRES galaico-portugueses.
A continuación, os nen@s bailaron para os avós, delitándoos co BAIAO e coa MUÑEIRA. E para rematar, os maiores tocaron panderetas e gaitas.
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DOS AVÓS
Para ver máis fotos preme GALERÍA
O último día de dita semana realizouse outra actividade: O LIBRO VIAXEIRO
Os nen@s de Tui saíron o venres día 20 de maio polas rúas de Tui cos seus mestres para deixar un libro por curso ou nivel diferentes lugares da nosa vila (no ximnasio da rúa Coengo Valiño, no pavillón novo, na praza de San Bartolomeu, (...)).Dito libro ía nun cartafol de plástico cunha folla explicativa dentro no que se especifica en que consiste a actividade e quen o atope convídaselle a realizar un traballo sobre o conto: de plástica, bibliográfico, de debuxo, redacción, poesía....
Unha vez lido e traballado, a persoa que o atopase deberá deixalo libre noutro recuncho que outr@ nen@ poida coller, ben sexa en Tui ou nos arredores, xa que a finalidade é que pase de man en man , fomentando o uso da lingua
Ditos traballos entréganse na Biblioteca de Tui ou no noso CEIP co seu NOME, IDADE, NÚMERO DE TELÉFONO.