VIAXE A CATALUÑA 2012
Estaban agardando a que chegasen as datas nas que se desprazarían a Cataluña para disfrutar duns ben merecidos días de diversión e descanso.
Traballaron a tope durante o curso para que a viaxe non lles resultase moi gravoso economicamente ás súas familias: Venderon rifas para sorteos, venderon produtos de pastelería, diversos artigos para as casas, asistiron a festas para vender doces e lambetadas feitos polas súas familias..., nunha palabra, un pouco de todo.
Fixeron a viaxe en avión, acompañados en todo momento polos mestres José Antonio e Javier, e a mestra Patricia.
Imos a viaxar con eles, a través dunha pequena reportaxe fotográfica.