Hoxe necesitades unha libreta de pentagramas (ou unha folla con pentagramas debuxados), un lapis e unha goma. O ditado repítese tres veces.
1º Prestade moita atención e escoitade as notas que soan.
2º Debuxade o ritmo.
3º Repasade que todo o que sona coincide co que tedes anotado.
A continuación saberedes a solución. Aumenta a dificultade de forma progresiva. Non vale facer trampas!