Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria B visitaron o CEE A Barcia en Santiago de Compostela. Alí puideron coñecer as instalacións do centro: visitar a aula multisensorial, ver e desfrutar dos espazos de lecer..., tamén interpretaron unhas panxoliñas bailando diante dos nenos e nenas dese centro e tomaron un aperitivo nadiveño todos xuntos. Foi unha xornada moi interesante xa que puideron comprobar como se traballa con alumnado que presenta discapacidades como as do seu compañeiro de clase que recibe escolarización combinada.
Chegou o Samaín e con el as lecturas máis terroríficas do ano! Lecturas terroríficas, pero tamén outras que nos axudan a falar dos nosos medos, a socializalos e facelos máis pequenos.
Ademais, ao longo de todo o mes, todas as aulas estiveron traballando nos deseños duns monstros maléficos para a decoración do centro.
Dende cociña tamén andiveron argallando algunha que outra sorpresa.
Aquí vos deixamos un vídeo para que non perdades detalle, e recordade, o Samaín poñía fin ao verán e daba comezo ao inverno asi que...ide preparando a roupa de abrigooooo!