Skip to Content

    

 

Infantil

O tempo meteorolóxico

O alumnado de 5º e 6º de Infantil tamnén participou no proxecto Meteoescolas. Aquí tedes todo o traballo que realizaron ao longo do ano.

 

Aquí podedes escoitar as cancións sobre a chuvia e o sol.

 

 

O ciclo da auga e a choiva

A choiva adoita ser un fenómeno atmosférico moi pouco querido para os nenos e nenas. Que chova, supón para eles/elas non poder disfrutar de certas actividades que lles encantan como saír ao patio, ao parque, etc.  Esta actividade xurdíu así, da tristeza de non poder saír a xogar ao patio fóra e saltou a pregunta , por que chove?

Foi así como tivemos que pararnos a dar resposta a esta pregunta. Eles/elas mesmos/as reflexionaron nesta cuestión e iniciamos a actividade facendo unha pequena choiva de ideas entre todos/as

 

 

Pouco a pouco fóronse dando conta da importancia de que chova para os animais, as plantas concluíndo que ao final non era tan malo que chovera, senón que era moi necesario. Tamén descubrimos maneiras de divertirnos fóra aínda que chova, empregando a roupa axeitada: botas, paraugas, chuvasqueiro, etc.

Comezamos a traballar o ciclo da auga, para saber exactamente a razón de que chova. Sabían que algo ou moito tiña que ver coas nubes, sobre todo coas que están moi escuras pero querían saber máis. Así, mediante unha manualidade comezamos a estudar este fenómeno.

              

 

Creamos o noso ciclo da auga de con gotiñas de auga fomos quen de ir trazando o camiño que facían estas gotas ata caer das nubes. 

Ademais de experimentar coa realidade, descubrila e dar sentido ao que ocorre ao noso redor, esta actividade serviunos para traballar a coordinación visomotora e a coordinación óculo-manual entre outros moitos aspectos.

Nos seguintes vídeos amósanse pequenos momentos das diferentes actividades que realizamos, que deixan mostra do moito que aprendimos e do que desfrutamos. 

 

 

 Video final 

 

Psicomotricidade: xogando e aprendendo cos fenómenos meteorolóxicos

A nosa profe de psicomotricidade, deixounos unha recompilación de todas as actividades que levou a cabo co alumnado de Educación Infantil. No vídeo podedes ver actividades moitas actividades relacionadas coas Meteoescolas como son : xogos, manualidades, cancións e momentos de relaxación. Todas as actividades que levou a cabo están relacionadas directamente coa chuvia.

Esperamos que vos gusten tanto, como lles gustaron aos nosos cativos do cole.

Se queres ver o vídeo, só tes que pinchar na imaxe.

 

Un día de neve no cole

A mediados deste inverno a paisaxe da nosa comarca espertou branca. Xa había uns días que os/as nenos e nenas comezaban a falar de que ía nevar, que ía moito frío e estaban desexando ver a neve. Caeron algunhas folerpas que facían medrar esta esperanza neles e as ansias de descubrir este fenómeno. Malia que nos arredores por fin nevou, non sucedeu na nosa vila. Onde só puidemos observala nalgúns coches que chegaban e nas pequenas e fugaces folerpas que se repetían.  

Así, decidimos revelarnos ao tempo e facer que nevara na nosa aula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut