Skip to Content

    

 

O ciclo da auga e a choiva

A choiva adoita ser un fenómeno atmosférico moi pouco querido para os nenos e nenas. Que chova, supón para eles/elas non poder disfrutar de certas actividades que lles encantan como saír ao patio, ao parque, etc.  Esta actividade xurdíu así, da tristeza de non poder saír a xogar ao patio fóra e saltou a pregunta , por que chove?

Foi así como tivemos que pararnos a dar resposta a esta pregunta. Eles/elas mesmos/as reflexionaron nesta cuestión e iniciamos a actividade facendo unha pequena choiva de ideas entre todos/as

 

 

Pouco a pouco fóronse dando conta da importancia de que chova para os animais, as plantas concluíndo que ao final non era tan malo que chovera, senón que era moi necesario. Tamén descubrimos maneiras de divertirnos fóra aínda que chova, empregando a roupa axeitada: botas, paraugas, chuvasqueiro, etc.

Comezamos a traballar o ciclo da auga, para saber exactamente a razón de que chova. Sabían que algo ou moito tiña que ver coas nubes, sobre todo coas que están moi escuras pero querían saber máis. Así, mediante unha manualidade comezamos a estudar este fenómeno.

              

 

Creamos o noso ciclo da auga de con gotiñas de auga fomos quen de ir trazando o camiño que facían estas gotas ata caer das nubes. 

Ademais de experimentar coa realidade, descubrila e dar sentido ao que ocorre ao noso redor, esta actividade serviunos para traballar a coordinación visomotora e a coordinación óculo-manual entre outros moitos aspectos.

Nos seguintes vídeos amósanse pequenos momentos das diferentes actividades que realizamos, que deixan mostra do moito que aprendimos e do que desfrutamos. 

 

 

 Video final 

 



page | by Dr. Radut