|
O pasado 8M se lembrades, puidemos contar con ELENA FERRO, pra conmemorar o Día Internacional da Muller. Todo o alumnado do centro elaborou uns zocos reivindicativos e fixemos un libro para que Elena puidera escoller un e facelo realidade. E sabedes que? Xa o temos no cole, que ilusión nos fixo recibilo! Sobre todo a Leire Balo Silva de 2º curso de Educación Primaria, pois o seu deseño foi o escollido por Elena. O libro está exposto na entrada ao centro xunto co zoquiño.
Moitas grazas a todos e todas as participantes na actividade. E tamén damos as grazas a Elena Ferro por facernos un oco na súa apretada axenda e nun día tan particular. Sen a vosa colaboración non sería posible levar a cabo esta actividade tan especial e reivindicativa.
Agardamos que vos guste!
Teléfono: 886151752
ceip.nosasenhora.piedade@edu.xunta.gal
Rúa Neira Vilas, 44, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |