Skip to Content

    

 

XA SOMOS UNHA METEOESCOLA

Como xa sabedes, este ano decidimos participar nun proxecta chamado Meteoescolas. O primeiro paso que dimos foi o de crear a nosa caseta de meteoroloxía. Nela gardaremos varios aparellos que nos servirán para realizar diversas medicións.

Dentro da caseta, instalamos un termómetro que nos indica a temperatura máxima e mínima e coa axuda dun pluviometro mediremos as precipitacións recollidas en Vila de Cruces. Tedes que recordar que todos os datos recollidos pertencen ao día anterior, salvo a mínima que é do mesmo día da medición.

O alumnado de 6º de Primaria será o encargado de realizar as medicións das distintas magnitudes na estación meteorolóxica ao longo do curso 2022 - 2023.

Todos os días lectivos, as 9:00 da mañá, acercaranse por parellas para medir a temperatura, as precipitacións e para realizar a observación do meteoro do día. Todas estas medidas serán rexistradas polo alumnado nunhas táboas creadas por eles mesmos. Para que todo o alumnado sexa partícipe destes datos, ditas táboas estarán expostas nun taboleiro na entrada do cole.

 

Se pinchades na imaxe podedes ver como quedou a nosa caseta meteorolóxica.                                         

Esperamos que vos guste!

 



page | by Dr. Radut