|
Bo día rapaces/as.
Como complemento ás tarefas e sesións de Ed. Física que vos imos propoñendo, hoxe van ser dúas grandes deportistas do noso país as que nos ensinen actividades para seguir activos. Así tamén aproveitamos para coñecelas un pouco máis, tanto persoalmente como o deporte que practican, xa que non pertencen aos "deportes máis seguidos" e non ocupan as portadas e artigos deportivos que merecen.
Malia que podedes levar a cabo as actividades dos dous vídeos, e de feito invítovos a velos posto que están xenial, o primeiro vai dirixido aos nenos e nenas de 6 a 8 anos, e o segundo de 9 a 12.
Despois de realizar as actividades, propóñovos unha pequena investigación sobre elas na que tedes que cubrir, ao menos os seguintes datos:
Nome:_______________.
Lugar e data de nacemento:________________.
Modalidade deportiva que practica:_______________.
Os logros máis importantes na súa carreira:____________________.
Un dato que che parecese curioso/ che gustara dela:_________________________.
Se te lembras, enviame esta pequena investigación (e as actividades, se che apetece gravarte) a jorge.ceipnosasenoradapiedade@gmail.com.
Desfruta da fin de semana!!
Teléfono: 886151752
ceip.nosasenhora.piedade@edu.xunta.gal
Rúa Neira Vilas, 44, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |