|
As propostas, para comezar esta semana, son as seguintes:
- Relacionado coa expresión corporal, amósovos diferentes vídeos cos que podedes practicar a facer sombras chinas de animais. Tan só precisades unha fonte de luz (unha bombilla, un foco...) e facer as sobras entre a o obxecto que ilumna e a parede.
Unha vez que vos vaian saíndo estes exemplos, podedes inventar vós imaxes novas e xogar a adiviñar as sombras coa vosa familia.
- Deixovos tamén a canle de Retos en familia, onde se van colgando diferentes xogos para facer na casa: uns son para facer sós e outros por equipos ou competitivos. Desta canle xa fixestes algúns retos na actividade que vos planteaba semanas atrás de "UN MINUTO PARA GAÑAR".
Picando na imaxe accederedes á súa canle de youTube. Se vos gustan, estade atentos a ela porque se suben retos case todos os días.
Teléfono: 886151752
ceip.nosasenhora.piedade@edu.xunta.gal
Rúa Neira Vilas, 44, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |