|
Recoméndovos o visionado deste pequeno documental sobre Javier Gómez Noya, un deportista galego que é un exemplo a seguir. Amósanos que con esforzo, ganas e perseveranza, de cada golpe que lle aparece na súa carreira deportiva sae reforzado.
O certo é que, por non ser un deporte "de masas", non ocupa os espazos da prensa deportiva que merece, mais estamos falando do mellor triatleta de todos os tempos e un dos mellores deportistas actuais.
Vale a pena velo, sen dúbida!!
Pouco despois de emitirse este documental, tivo de novo a mala fortuna de ver como o seu único reto por conseguir, o ouro olímpico, para o que se estaba adestrando, se afastaba por culpa dunha lesión.
Pero disto, novamente levantouse e aí sigue traballando día a día para lograr as súas metas.
Teléfono: 886151752
ceip.nosasenhora.piedade@edu.xunta.gal
Rúa Neira Vilas, 44, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |