Skip to Content

    

 

AVISO IMPORTANTE ÁS FAMILIAS- AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

A segunda avaliación dáse por pechada na data en que se decretou o estado de alarma ( 14 de marzo).  Só son avaliables as  actividades ou probas realizados polo alumnado ata esa data.

A comunicación e publicación das notas  neste momento de suspensión de actividade lectiva presencial realizarase a través de ABALAR MÓBIL.

A Consellería xa ten establecido fai tempo unha APP (ABALAR MÓBIL) para que todos os proxenitores vos subscribades co móbil que tedes rexistrado no centro. Esta aplicación vai a ser o único medio para poder comunicarvos as notas do 2º trimestre que sairán o venres 3 de abril ás 15 horas.

As familias que non esteades subscritas debedes darvos de alta canto antes. Calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro no correo electrónico.

Enlace á paxina Abalar Móbil

Guía para darse de alta



blog | by Dr. Radut