Skip to Content

    

 

OS MECOS MANDAN :

 

A vindeira semana celebraremos no colexio a tradición do Meco, sendo a participación voluntaria. As encomendas son acumulativas para ir completando pouco a pouco o noso disfraz de ESPANTALLO.

 

“Dona Mercedes e Don Senén

mándannos obedecer as súas ordes

se o queremos pasar ben.”

 

 O luns,  para a tradición do Meco non perder,

un calcetín de cada cor, ó colexio debes traer.

 

O martes, para o noso disfraz seguir,

con zapatos de diferentes cores, debes vir.

 

O mércores, no medio da semana de entroidada,

os Mecos dinche que toca chaqueta remendada.

 

O xoves, para vir

ben combinado,

trae o teu pantalón

remendado.

 

O venres, para o ESPANTALLO completar,

un sombreiro na cabeza debes colocar.

E se che gusta a cara podes pintar.



blog | by Dr. Radut