Queridas familias:
A música é extremadamente beneficiosa para os nenos/as, para as súas habilidades de desenvolvemento, conecta o corpo co cerebro permitindo que ambos traballen de xeito armónico polo que mellora as habilidades motoras, sociais, emocionais (que tan importantes foron nesta etapa), intelectuais, de linguaxe, de lectura... en definitiva, cada intre que están conectados coa música aumentamos o desenvolvemento do seu cerebro en toda a súa integridade.
Quixera facer unha pequena homenaxe a todas as familias que durante estas duras semanas vos unistedes as miñas propostas musicais enviándome audios, fichas, debuxos e vídeos que así o demostran. Porén, non sempre os pais sabedes/sodes músicos, pero sí estades animando aos vosos fill@s a tocar cada día e, sobre todo, estádelos educando con música, que para min, como docente, é o máis importante.
Quero facer un agradecemento a todos, polo voso esforzo e a paciencia, sobre todo aos inicios cando ainda non sabía moi ben cómo artellar este xeito de traballar e de chegar a vós.
Infinita gratitude, é o que sinto.
GRAZAS E ÁNIMO A TODOS!
Rocío Maril
1ºCURSO 2º CURSO 3ºCURSO 4ºCURSO 5º CURSO 6ºCURSO